
As pelexas de barro son, para moitos, un deporte. Nos Estados Unidos, existen incluso asociaciones e lugares específicos onde se organizan campionatos deste tipo. Ademais de neste país (en teoria, modelo de paises para o resto do mundo libre), este deporte practícase en moitos outros paises de Europa. Grandes empresarios manteñen contactos con moitas discotecas. Eles poñen o diñeiro e as loitadoras, a discoteca a cambio, dálle unha alta porcentaxe dos beneficios que se obteñan, e a verdade, as cifras que se atinxen son realmente incríbeis.
Pero á hora de participar, os homes séntense cohibidos e con vergoña de participar, ainda que se teña a imaxe deles como saídos e desesperados polo sexo, no momento no que o presentador do show lles convida a participar, se voltan todos covardes.
As regras son moi sinxelas: unha piscina chea de lama, dúas mulleres. A que tire á outra fora da piscina primeiro é a gañadora. Moi simple, pero para moitos, unha forma de vida e de comercio.
1 comentario
Duffman -
Outra vez máis a muller vendendo o seu corpo e dando morvo.
Baixo o meu punto de vista, o máis triste deste tipo de espectaculos, é o negocio que hai montado. Por detrás existen todo tipo de mafias, e subcontratacións,...
Bña Andrew. Segue kurrando así!!